top of page

Orixinase un incendio nun inmoble da parroquia agoladesa de Borraxeiros

Ecos da Comarca/Agolada

Medios de extinción no lugar. Autor: Ecos da Comarca.

Esta tarde orixinouse un incendio nun inmoble que hai ao lado dunha casa na parroquia agoladesa de Borraxeiros, en concreto no lugar do Quinteiro. O 112 Galicia foi alertado ás 17:20 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Deza, o GES de Monterroso, Protección Civil do municipio e a Garda Civil. Tamén estiveron no lugar o alcalde, Luis Calvo, e o concelleiro Pedro García. Ecos da Comarca tamén estivemos alí. (VÍDEO máis abaixo)


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O incendio tivo lugar como diciamos nun inmoble no que había unha lareira e estaban afumando a carne da matanza, que practicamente quedou toda calcinada. Ademais, como indica a dona da casa, ardeu leña que tiña amontonada nunha carretera, algúns enseres e parte do tellado. Por sorte, había unha cociña de butano cunha bombona conectada, pero esta non se viu afectada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A propietaria recupérase do susto e lamenta as perdas, pero agradece que non se orixinara de noite, porque senón é consciente de que os danos materiais serían maiores.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page