Orixínase un incendio nunha empresa da parroquia palense de Marzá
- ecosdacomarca
- 4 jul
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este venres orixinouse un incendio industrial no municipio de Palas de Rei. Empezou no exterior das naves da empresa de reciclaxe de colchóns, situada na parroquia de Marzá.

Publicidade
Cinco minutos antes das 16 horas o 112 Galicia era alertado por un incendio industrial en Palas de Rei. Unha enorme fumareda negra víanse dende distintos puntos das comarcas.
Tratouse dun incendio orixinado no exterior da nave de reciclaxe de colchóns da parroquia de Marzá, que por sorte non afectou ás instalacións. Un traballador queixábase de dor nun xeonllo, e precisou asistencia sanitaria, aínda que a priori non tiña queimaduras.
Publicidade
Nas labores de extición participaron os Bombeiros de Chantada, o GES Friol-Palas, o de Monterroso, Protección Civil de Palas, a Garda Civil, unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros forestais e tamén dúas avionetas de extinción enviadas por Medio Rural para evitar que se propagara ás fincas próximas. Tamén se estuvo traballando con pás, para intentar sofocalo canto antes.
A causa do incendio, caeu un poste eléctrico que provoca que haxa zonas de Palas que estean sen luz.
Comments