top of page

Oleada de roubos en igrexas das comarcas?

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 7 oct 2022

Romperon unha ventá na agoladesa de Borraxeiros e tamén accederon á de Santa Mariña, en Antas de Ulla


Laura Moure/IsmaelRS/Agolada/Antas de Ulla

A igrexa de Borraxeiros. Autor: Ecos da Comarca.

Estamos ante unha oleada de roubos nas igrexas das comarcas? Hoxe tivemos constancia de que nos últimos días entraron en ao menos en dúas das comarcas. Falamos do caso da agoladesa de Borraxeiros e da de Santa Mariña en Antas de Ulla.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

ECOS DA COMARCA desprazouse hoxe á da parroquia agoladesa e puidemos comprobar que hai unha ventá do lateral dereito rota. Nas imaxes de abaixo aprézase como era a fiestra e como está agora. Neste caso, leváronse uns 50 euros.

A ventá como estaba e o estado que presenta agora tras rompela. Autor: Ecos da Comarca


Mentres, as xoias tamén foron o obxectivo dos amigos do alleo no templo de Santa Mariña (Antas de Ulla). Entraron forzando a porta e levaron ao menos unha pulseira dunha das imaxes.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page