Ecos da Comarca/Lalín
Na madrugada deste domingo rexistráronse destrozos en varios vehículos en Lalín. Ademais, en ao menos nun, roubaron diñeiro en efectivo. Algúns dos vehículos estaban no exterior, pero outros no interior de garaxes.

"O máis curioso é que tres dos coches afectados do edificio tiñan que ver co tema agropecuario", indica un veciño, cuxo coche da súa parella foi un dos danados e do que substraeron algo de diñeiro. "Non creo que sexa algo persoal porque son empresas diferentes, pero resulta curioso", considera.
A este turismo e a unha furgoneta rompéronlles os cristais da ventanilla. "Mentres a outra furgoneta que estaba na rúa C rompéronlle os retrovisores, desengancháronlle o carro e atravesárono no medio da calle", sinala este veciño. O garaxe no que foron danados ambos vehículos está situado entre as rúas C e Pintor Laxeiro.
Este afectado que se puxo en contacto con ECOS DA COMARCA xa interpuxo denuncia e sinala que tamén se viron perxudicados dous coches da Xunta. "Estes estaban aparcados onda o ambulatorio e rompéronlle os espellos e polo que nos enteramos houbo problemas con máis coches e en máis garaxes", asegura.
Commentaires