Oito mozos lalinenses e dous monitores participan no intercambio xuvenil dos Linden
- ecosdacomarca
- 26 jul 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Oito mozos e mozas lalinenses, acompañados por dous monitores, están a participar no intercambio xuvenil dos Linden titulado "Xuntos somos máis fortes".

O encontro internacional está organizado este ano polo Comité de Irmanamento de Linden Cuijk (Países Baixos), dentro do calendario de actos da federación de vilas europeas "Linden saúda Linden", na que Lalín se integrou no ano 2004.
Publicidade
As actividades inclúen rutas, deportes, excursións e intercambios culturais, comezando coa visita da alcaldesa do Land van Cuij, Marieke Moorman. Tamén foi programada unha visita a Efteling, o parque temático máis antigo do mundo.
Комментарии