top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Ofrecen unha recompensa de 1.000 euros para atopar as vacas roubadas en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

As vacas roubadas.


O pasado 28 de novembro dabamos conta dun roubo de dúas vacas na parroquia cruceña de Ferreirós. Era a melidense Lucía Casal quen denunciou o caso a través das súas redes sociais. Os animais son propiedade dun compañeiro de seu pai. Pois agora informa que se ofrece unha recompensa para aquelas persoas que dean algún dato.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Cabe mencionar que unha terceira vaca deixárona ca corda posta e viron as rodeiras dun camión. Lembramos que as crotais das roubadas son 3700 e 8404, aínda que o máis seguro e que llos cambiaran.


Agora Casal lanza a seguinte mensaxe nas redes sociais:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
"Boas a todos de novo! A búsqueda non cesa, e como ben saberedes a todos nos doe moito isto, so pido ser persoas, compañeiros de profesion e boa xente nestes momentos duros!
OFRECESE RECOMPENSA DE 1000 € a quen de forma veraz e contrastada informe de onde estan as vacas!
Por favor compartide, xuntos podemos acabar con este pesadelo"

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Prégase difusión!


NOTICIA RELACIONADA:



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page