top of page

O XXII Campionato de Pesca Río Furelos disputarase o vindeiro 11 de abril en Melide

A proba está dirixida exclusivamente a persoas socias e é necesario apuntarse previamente


Ecos da Comarca/Melide

A Asociación de Troiteiros Río Furelos organiza o XXII Campionato de Pesca Río Furelos  que se disputará o vindeiro 11 de abril de 2026 no tramo do Río Furelos ao seu paso por Melide, consolidándose como unha das citas deportivas tradicionais para as persoas afeccionadas á pesca na comarca.

A proba está dirixida exclusivamente a persoas socias e desenvolverase ao longo da xornada nun entorno natural de grande valor ambiental, combinando competición deportiva e convivencia entre participantes.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Como parte da programación, a organización prevé a celebración dun xantar social no Bar O Cantón, cun prezo de 20 euros por persoa, co obxectivo de favorecer o encontro entre participantes e acompañantes ao remate da actividade.


O campionato conta coa colaboración do Concello de Melide, da Xunta de Galicia —a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático— e da Deputación da Coruña, entidades que apoian a promoción do deporte afeccionado e a posta en valor dos espazos naturais do territorio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e realizar a inscrición a través do teléfono facilitado pola organización: 696 607 348.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page