top of page

O xogador silledense do Real Madrid, Joselu Mato, recibe o Trofeo Zarra

Ecos da Comarca/Silleda

O futbolista sillendese Joselu Mato sigue sumando éxitos. O último é que recibiu o Trofeo Zarra. Actualmente xoga no Real Madrid, pero ao recibir este galardón acordouse especialmente do Espanyol, o seu equipo anterior.

Joselu co alcalde de Silleda durante o acto dedicado a el.
"Muy contento de recibir el trofeo Zarra 22/23, gracias al @RCDEspanyol a todos mis compañeros por ayudarme a conseguirlo!", indicou Mato a través das súas redes sociais,

Publicidade

O Trofeo Zarra é un premio outorgado anualmente polo diario deportivo Marca aos máximos goleadores de nacionalidade española de Primeira e Segunda División da Liga Española de Fútbol.


Publicidade

O premio instaurouse na tempada 2005/2006 e debe o seu nome ao goleador do Athletic Club e da Selección Española Telmo Zarra, falecido o 23 de febreiro de 2006. Ao igual que o Trofeo Pichichi non ten en conta as actas arbitrias, senón as apreciacións propias do diario Marca.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page