top of page

O virus respiratorio sincitial acada unha positividade do 5,7 % no conxunto da comunidade

Na xornada deste luns un cento de persoas estaban ingresadas nos hospitais galegos cunha proba positiva a VRS, unha delas na Unidade de Coidados Intensivos


Ecos da Comarca/Xeral

O Virus Respiratorio Sincitial (VRS) acadou unha taxa de positividade do 5,7 % na semana 52 (que rematou o 28 de decembro), mantendo así unha lixeira tendencia ascendente desde que na semana 50 comezara a súa onda, ao superar por primeira vez o limiar do 3% e rexistrar un 3,7 %. Con todo, continúa a ser inferior á observada nas tres tempadas anteriores.


Nesta última semana, a taxa de consultas en atención primaria por bronquiolite aguda diminuíu un 9,6 % no global dos menores de dous anos, pola ausencia de consultas nos menores de 2 meses, quedando nun valor de 536,4 consultas por cada 105 habitantes. Sen embargo, esta taxa aumentou na cohorte dos nacidos entre abril e setembro (un 19,5 %) e no grupo dos menores de 6 meses (un 10 %).

ree

No caso das hospitalizacións, as taxas diminuíron con respecto á semana anterior. No caso dos menores de 2 anos a taxa rexistrada foi de 25 ingresos por cada 105 habitantes, e no caso das persoas de 60 e máis anos foi de 1,2 ingresos por cada 105 habitantes.


Con todo, estes datos deben ser analizados con cautela á espera da evolución da onda, xa que na actualidade hai un total de 100 persoas ingresadas nos hospitais galegos cunha proba positiva por virus respiratorio sincitial, unha delas na Unidade de Coidados Intensivos. O 70 % destes pacientes son persoas maiores de 60 anos e o 10 % das hospitalizacións correspondíanse con menores dun ano.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Respecto das áreas sanitarias que contan cun maior número de persoas ingresadas, destaca a de Vigo con 29 hospitalizados, seguida da de Santiago de Compostela e Barbanza con 26 persoas, e a de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras con 17 ingresados.


Coberturas  de vacinación fronte ao VRS

Na actualidade, a comunidade conta cun total de 9.888 persoas inmunizadas fronte ao virus respiratorio sincitial. Así, os datos do Observatorio de Saúde Pública precisan que máis do 97 % dos menores nados en campaña xa recibiron a súa vacina.

Cómpre lembrar que a campaña para esta poboación está aberta ata o vindeiro 31 de marzo de 2026, sendo vacinados no propio hospital nas 24-48 horas posteriores ao nacemento.


Pola súa banda, a cobertura de inmunización acadada en recaptación (nenos e nenas menores de 6 meses ao inicio da campaña) supera xa o 94,6 %.


O ensaio Sincigal xa conta con máis de 16.000 participantes

O pasado 20 de novembro o sistema sanitario público galego puxo en marcha o ensaio clínico Sincigal, un estudo pioneiro que ten por obxectivo avaliar a redución das hospitalizacións por mor virus respiratorio sincitial entre a poboación adulta.

Así, ata o vindeiro 31 de xaneiro estará aberta a fase de recrutamento para todas aquelas persoas maiores de 18 anos que desexen participar no estudo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O listado dos centros participantes, entre eles varios das comarcas, neste ensaio atópase actualizado na web (www.sincigal.com). Así mesmo, nesta ligazón tamén se poden consultar os puntos hospitalarios de referencia aos que poden acudir todos os interesados, sen necesidade cita previa.


Na actualidade un total de 16.464 persoas xa participaron no ensaio, sendo o 87,6% persoas de 60 ou máis anos.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page