top of page

O vindeiro 26 de abril Rodeiro acollerá unha espectacular Ruta de motos e quads

As inscricións poden realizarse ata o martes 21 de abril


Laura Moure/Rodeiro

O vindeiro 26 de abril, Rodeiro acollerá unha espectacular Ruta de motos e quads.

Esta iniciativa, impulsada dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, liderada por Alberte Lamazares, nace da inquedanza de varios moteiros locais que participan habitualmente en actividades noutros concellos e botaban en falta unha proposta destas características nesta vila.

Cómpre destacar que Rodeiro é un dos concellos máis atractivos para este tipo de rutas, grazas á súa ampla rede de camiños, angostras e curruchas, conectadas con montes tan emblemáticos como o Farelo e, especialmente, a Serra do Faro, un dos espazos naturais máis destacados do interior do país.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

As persoas que xa coñecen o percorrido descríbeno como “espectacular”, tanto na modalidade de trail e quads como na de enduro.


Información de interese:

  • O nivel do percorrido de enduro é medio-alto

  • O percorrido de trail e quads é moderado, con opcións durante a ruta para zonas de maior dificultade

  • As persoas participantes recibirán un agasallo

  • Durante o xantar realizaranse numerosos sorteos

  • Antes da saída haberá almorzo

  • Haberá posibilidade de duchas con auga quente

  • Contarase con asistencia ante calquera incidencia

  • O xantar será un menú Sabor Labrego, que inclúe chuletón

     PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As inscricións poden realizarse ata o martes 21 de abril. Para máis información, pódese contactar no teléfono 654 460 095 (Alberte Lamazares). "Un plan perfecto para as persoas amantes do motor e da natureza", sinala Lamazares.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page