top of page

O BNG de Cruces propón un plan urxente de prevención de incendios e insta ao goberno a actuar

Fiúza sinala que o alcalde “xa non ten excusas” para garantir a limpeza, facendo referencia ao novo tractor, "unha compra que foi posible grazas a que o BNG facilitou a súa adquisición"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces propón un plan integral de prevención de incendios neste concello, nun contexto especialmente preocupante ante a chegada da época

de maior risco. O portavoz nacionalista, Alex Fiúza, advertiu da necesidade de actuar con urxencia nun municipio que conta cunha ampla masa forestal, dominada por especies como o eucalipto e o piñeiro, e que está incluído dentro das zonas de elevado risco de incendios.

Fiúza puxo o foco na importancia da limpeza das parcelas próximas ás vivendas e aos

núcleos rurais, xa que a súa situación actual incrementa significativamente o perigo de que

o lume poida chegar ás casas. Lembrou que a responsabilidade directa do mantemento

destas parcelas recae nas persoas propietarias, e que o incumprimento desta obriga pode

derivar en sancións económicas.


Neste sentido, o BNG subliña tamén o papel do Concello como responsable subsidiario, que debe actuar en dous niveis. En primeiro lugar, mediante a emisión de bandos informativos en todos os lugares, recordando a obriga legal de manter limpas as parcelas. En segundo lugar, no caso de que os propietarios non cumpran, o Concello debe proceder á limpeza das mesmas e repercutir posteriormente o custo ás persoas responsables.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O portavoz nacionalista destacou que “xa estamos entrando en tempo de lumes e está todo sen facer”, cualificando a situación de “grave irresponsabilidade” por parte do goberno local. Ademais, Fiúza sinalou que o alcalde “xa non ten excusas” para garantir a limpeza do concello, facendo referencia ao novo tractor adquirido recentemente polo Concello, unha compra que foi posible grazas a que o BNG facilitou a súa adquisición. “Agora existen os medios necesarios, o que falta é vontade política e planificación”, engadiu.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O BNG de Vila de Cruces insta así ao goberno municipal a poñer en marcha de inmediato

este plan de prevención, co obxectivo de protexer á veciñanza, reducir o risco de incendios e garantir a seguridade dos núcleos rurais.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page