top of page

O veciño de Laro José García recauda 300 quilos de comida na súa campaña a favor de Carabelo

6 mar 2022
1 min de lectura

Agora xa está traballando no mercadillo do libro solidario a favor da Asocaición Española Contra o Cancro que será en Silleda no mes de abril


Laura Moure/Deza

O veciño da parroquia silledense de Laro José García non deixa de sorprendernos polas súas múltiples campañas solidarias a favor dos demais. Oxalá existise máis persoas coma el, disposto a dalo todo para contribuír en distintas causas. Acaba de recadar 300 quilos de alimentos para merendas a favor da Asociación Carabelo de Lalín.

"Non atopamos palabras de agradecemento para o noso voluntario José García García. Desde que chegaches a Carabelo Lalin sempre estás pendente das necesidades dos usuarios/as, e tamén dos compañeros/as voluntarios. Estamos tremendamente orgullosos de contar contigo. O mundo é moito mellor gracias a xente coma ti", sinala Carabelo.

Pero García continúa con máis accións solidarias. Xa está traballando no mercadillo do libro solidario a favor da Asociación Española Contra o Cancro que será os días 23 e 24 de abril na Praza Juan Salgueiro de Silleda.


TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CAMPAÑA NO SEGUINTE ENLACE:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page