top of page

O valor do material incautado na fábrica de tabaco clandestina de Silleda está valorado en 2 millóns

O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, informou hoxe na Deputación de Pontevedra que o operativo "está aínda aberto"


Ecos da Comarca/Silleda

A operación contra o contrabando de tabaco que esta fin de semana saldouse con cinco detenidos, supuxo a incautación de material valorado nuns dous millóns de euros nunha fábrica clandestina situada en Silleda. Así o comunicou este luns o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, durante unha roda de prensa na sede da Diputación de Pontevedra, onde informou de que este operativo está "aínda aberto".


A actuación enmárcase nunha operación levada a cabo pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil en varias provincias de España, entre elas, Pontevedra e A Coruña. A fábrica está situada no polígono industrial Área 33 de Silleda. Nesta operación participaron uns 50 axentes e un helicóptero e levaban meses traballando neste caso.


José Miñones, hoxe na Deputación de Pontevedra, xunto á presidenta, Carmela Silva.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page