top of page

O U.D. Santiso Femenino gaña a súa primeira liga

Ecos da Comarca/Santiso

Este domingo, tras moitos anos de loita, o Santiso Femenino cumpríu un soño: gañou a súa primeira liga. "Deixamos atrás tempadas cheas de dedicación, esforzo, traballo, humildade e sentimento, no que cultivamos moitas derrotas, pero logramos crear unha gran familia, formada polas xogadoras, mister, conductor@s, delegad@s e seareir@s. Fixemos historia, pese a quen lle pese", recalca o equipo a través do seu Facebook.

E sinala que "aínda sabendo que probablemente non se volva repetir, estamos orgullosas do noso quefacer e eternamente agradecidas con toda esa xente que sempre estivo connosco. Convidámosvos a celebrar o próximo domingo, no último partido de liga, a nosa vitoria. Recordar, asemade, a todas as xogadoras que ao longo da nosa traxectoria nos acompañaron, nos acompañan e acompañarán dentro e fóra do campo. Alegrámonos principalmente de darlle visibilidade e de contribuír á merecida posta en valor do deporte femenino! Esta vitoria é de todas vós!".


Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: MOITOS PARABÉNS!!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page