Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O trail da Carixa xa sobrepasou a barreira dos 100 inscritos na distancia de trail, de 19 quilómetros 1000+ e conta xa con 22 parellas na modalidade de relevos que está anacadar moi boas perspectivas polo nivel que están acadando os equipos que a van a despuntar, tal e como indica a organización. "Na modalidade cadetes aínda son catro, pero é unha modalidade na que esperan ao último minuto para anotarse o igual que a andaina na que xa se conta con 15 participantes a falta de un mes e medio", apunta.
O GTR Galaico trail xa está a facer saídas pola percorrido do trail con diversos corredores para visualizar o percorrido o cal xa está apto para o seu desfrute. Cabe recordar que esta proba será o 12 de setembro e o Pequetrail da Carixa, o día interior.
Os interesados poden obter máis información no seguinte enlace:
Commentaires