top of page

O SLG solicita a intervención con urxencia de Medio Rural ante a problemática da poxa de Silleda

Por terceira semana consecutiva, o mercado de Silleda podería non celebrarse o vindeiro martes 13 de maio


Ecos da Comarca/Silleda

O mercado de Silleda é o principal mercado que hai en Galiza, o cal, por terceira semana consecutiva, podería non celebrarse o vindeiro martes 13 de maio ante a oposición de compradores e vendedores de gando a que a poxa se realice unicamente mediante unha aplicación electrónica, como pretende a Central Agropecuaria de Galicia. "Ante esta situación, no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas solicitamos con urxencia a intervención da Consellería do Medio Rural para poñer fin a esta problemática".

Pedimos que a Consellería trate de maneira urxente este tema e poña unha solución e se chegue a un acordo entre tratantes e dirección e, no caso contrario, que o diga antes para que a xente o saiba con claridade”, denuncia a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por mor desta situación, o último día da poxa, o pasado martes 6 de maio, preto de 300 animais tiveron que volver para as súas casas. “Isto non é o habitual”, sentencia Vilalba, “o habitual é que os animais, logo da feira, vaian ao seu segundo destino, o feito de que veñan de volta para as casas supón que teñan que facer corentena, xa que así indican as persoas veterinarias, porque estivo en contacto con outros animais e deben estar illados, ademais de que as gandeiras e os gandeiros van ter que seguir alimentándoos. Entón a parte dos custes de trasporte ao mercado, hai sumarlle estas dúas cuestións”, engade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo iso, dende o Sindicato Labrego Galego solicitamos coa máxima urxencia que a Consellería do Medio Rural chegue a un acordo e poña unha solución para que, como cada martes, se volva a realizar o mercado de Silleda, como dixemos, o mercado principal de Galiza.


コメント

コメントが読み込まれませんでした。
技術的な問題があったようです。お手数ですが、再度接続するか、ページを再読み込みしてださい。
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page