top of page

O Sindicato Labrego Galego traslada á Delegación do Goberno o seu rexeitamento ao acordo UE-Mercosur

Esixe ao Goberno español que presione para eliminar a alimentación do tratado e vote en contra na Eurocámara


Ecos da Comarca/Xeral

Despois das mobilizacións do pasado 12 de xaneiro, representantes do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) reunímonos este luns en A Coruña coa Delegación do Goberno en Galicia para trasladar unha vez máis a súa posición respecto ao acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur. Na reunión participaron María Ferreiro, gandeira e Secretaria Xeral do SLG, e Xosé María García, membro da Executiva Nacional do Sindicato.

"A intención desta xuntanza foi expoñer á Delegación do Goberno as numerosas dúbidas que nos xera este acordo e reiterar o noso non rotundo ao mesmo mentres non se elimine calquera referencia á alimentación. Ao mesmo tempo, instamos á Delegación do Goberno a que presione ao Goberno español para que se posicione en contra do acordo e vote non na Eurocámara en tanto que non se dea este cambio".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Xunto a isto, trasladaron as súas dúbidas sobre a idoneidade do procedemento de ratificación do tratado e solicitaron que o próximo 21 de xaneiro voten a favor de elevar o acordo ao Tribunal de Xustiza Europeo para que se pronuncie sobre a súa legalidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"A Delegación do Goberno recolleu as nosas demandas e preocupacións e confirma que os delegados do Goberno terán unha reunión co Ministro de Agricultura, prevista para o xoves ou venres desta semana, onde lle trasladará a nosa postura".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Dende o SLG manteñen que "este acordo representa unha ameaza directa para o sector primario galego e defendemos que calquera tratado comercial debe priorizar os dereitos das persoas labregas e a sostibilidade ambiental por riba dos intereses comerciais". Neste sentido, o Sindicato seguirá mobilizándose e mantendo interlocución aquí en Galicia, en Madrid e en Bruxelas ata a votación do acordo no Parlamento Europeo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page