top of page

O Sindicato Labrego Galego denuncia "o desmantelamento da dependencia en Galiza"

Ecos da Comarca/Xeral

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) ofrecerá este xoves, 8 de xaneiro ás 11:30 horas, unha rolda de prensa no Local Nacional do SLG en Santiago de Compostela, "para denunciar o grave deterioro do sistema de atención á dependencia en Galicia".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na Rolda de Prensa comparecerán María Ferreiro Santos, gandeira e Secretaria Xeral do SLG e Margarida Prieto Ledo, membro do Sindicato Labrego Galego. Durante a comparecencia, o SLG presentará datos que evidencian "o fracaso das políticas da actual Xunta: os tempos de agarda para valoración superan os 329 días cando o prazo máximo son 180, Galiza segue entre as comunidades que menos inverten en dependencia, e a prestación de coidador —que debería ser excepcional— converteuse na única opción para moitas familias debido á infrafinanciación do SAF, algo que ten un claro impacto de xénero. Isto ten consecuencias, como que nos primeiros nove meses de 2025 faleceron 71 persoas en lista de agarda".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O SLG denunciará tamén "o incumprimento legal da Xunta ao non convocar o Consello Galego de Benestar Social no último ano, e a redución das competencias deste organismo mediante normativa aprobada a principios de 2025".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page