O silledense Christian Costoya, campión de Europa de Karting
- ecosdacomarca

- 5 ago 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O silledense Christian Costoya, de 15 anos, non para de recolectar éxitos, algo que leva facendo dende cativo. Agora acaba de proclamarase campión de Europa de karting na categoría OK, na que compiten os maiores de 14 anos.

O Concello de Silleda felicitouno a través das redes sociais:
"Desde Silleda ao máis alto de Europa, Christian Costoya, acaba de proclamarse campión de Europa na categoría Ok, facendo historia no mundo o automobilismo.
Un talento descomunal, unha carreira impecable e unha paixón que emociona.
Publicidade
Gañou a pole, todos os heats e a final en Viterbo (Italia.) Un pleno absoluto que confirma o que aquí xa sabiamos: temos unha xoia do motor.
Grazas, Christian, por levar o nome de Silleda polo mundo adiante e por facernos soñar contigo.
Publicidade
Ese título é teu... pero tamén é un pouco de todas e todos nós.
Seguimos soñando, Christian".
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!








Comentarios