top of page

O roteiro “As dúas beiras do Ulla” transcorreu por fermosas paisaxes de Cruces e Touro

hace 16 minutos
1 min de lectura

84 persoas participaron nesta iniciativa organizada por ambos Concellos dentro do programa Goza do Ulla


Ecos da Comarca/Vila de Cruces/Touro

Os Concellos de Vila de Cruces e Touro organizaron onte o roteiro “As dúas beiras do Ulla”, actividade enmarcada no programa ‘Goza do Ulla 2026’ na que participaron 84 persoas chegadas, ademais desde os municipios organizadores, doutros puntos de Galicia como Vigo, A Coruña, Brión ou Ames.

A ruta de sendeirismo foi de carácter fluvial, tipo circular de 10 quilómetros e de media

intensidade. Os participantes percorreron durante tres horas a senda polas dúas marxes do río Ulla nos concellos de Cruces e Touro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao longo do leito do Ulla, os participantes, acompañados en todo momento polos monitores da ruta, mergulláronse en bosques ribeiregos e gozaron da riqueza paisaxística que xorde ao redor da auga. A ruta ofreceulles fermosas paisaxes naturais como Ponte Basebe e a súa carballeira e a Fervenza de Rosende en Touro, así como o muíño de Ferreiro de Arriba e a presa de Ollares en Cruces, onde finalizou a ruta co avituallamento do grupo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O programa ‘Goza do Ulla’ naceu en 2011 para desfrutar do Ulla con rutas de sendeirismo programadas nos municipios bañados polo río, que percorre as provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page