top of page

O rodeirense Rubén Varela recibe o accesit do premio Suárez Freire para Xóvenes Investigadores

4 feb 2022
1 min de lectura

Recibe esta distinción polo seu traballo como investigador no tratamento do queratocono


Ecos da Comarca/Rodeiro

A Real Academia de Farmacia de Galicia outorgoulle ao rodeirense Rubén Varela Fernández, veciño de Mourigás (Arnego), o Accesit do premio Suárez Freire para Xóvenes Investigadores polo seu traballo como investigador no tratamento do queratocono.


O queratocono prodúcese cando a córnea (a superficie frontal transparente e en forma de cúpula do ollo) faise máis fina e gradualmente sobresae en forma de cono. Unha córnea en forma de cono provoca visión borrosa e pode producir sensibilidade á luz e ao resplandor.

"Parabéns polo recoñecemento, pero sobre todo parabéns polo esforzo, polo traballo e polo sacrificio que conlevan todos os recoñecementos. A xente que te coñecemos sabemos da tua valía", sinala o alcalde do municipio, Rubén Quintá.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page