O rodeirense Luís López presenta candidatura á presidencia do PP Pontevedra
Ecos da Comarcar/Rodeiro
O delegado da Xunta en Pontevedra e exalcalde de Rodeiro, Luis López, acaba de presentar a súa candidatura á presidencia do PP Pontevedra de cara ao Congreso Provincial Extraordinario do 9 de xullo que elixirá ao sucesor de Alfonso Rueda Valenzuela.
"Concorro con toda a humildade, agradecendo o apoio de moitísimos compañeiros, con moita responsabilidade e absoluto compromiso co proxecto do PP e aspirando a manter un partido forte, unido e moi pegado á xente nos 61 concellos", indica López.








Comentarios