"Esta elección non recaeu só na miña persoa, senón que é un recoñecemento aos veciños de Rodeiro por ser un pobo loitador, traballador, sacrificado e orgulloso de si mesmo"

Luís López, esta mañá, durante a toma de posesión. Foto: Xunta de Galicia
Laura Moure/Rodeiro
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta mañana a toma de posesión de Luís López Diéguez como novo delegado da Xunta en Pontevedra, onde resaltou a súa experiencia como alcalde sumada a súa formación e a súa vocación de servizo público, como rexedor de Rodeiro desde hai 10 anos.
Alfonso Rueda, indicou que o traballo que Luís López leva feito a favor dos veciños de Rodeiro desde a súa alcaldía dará continuación agora desde a Delegación pontevedresa e precisou que “non me cabe duda algunha de que esa bagaxe vaino acompañar agora nas súas novas responsabilidades como delegado territorial da Xunta, sempre da man dos concellos cos que a Xunta traballa sobre terreno nun diálogo constante para atender as súas demandas e as dos seus veciños”.
Pola súa banda, o delegado territorial, tivo un especial recordo cos afectados pola Covid-19 e fixo especial fincapé que desde a súa nova responsabilidade como delegado territorial da Xunta en Pontevedra fará todo o que esté na súa man na senda do camiño que se está levando desde o goberno galego, de intentar axudar tanto na protección da saúde dos galegos e galegas como na recuperación económica provocada por esta crise sanitaria.
Luís López agradeceu a confianza e responsabilidade que lle otorgan neste novo cargo. “É unha enorme responsabilidade, que me emociona e agardo estar á altura da súa confianza con total dedicación, vocación de servizo público, traballo e atención absoluta aos galegos. Creo que esta elección non recaeu só na miña persoa, senón que é un recoñecemento a todos e cada un dos veciños de Rodeiro como concello pequeno, rural e de interior, pero caracterizado por ser un pobo loitador, traballador, sacrificado, nobre e orgulloso de si mesmo”.
Finalmente, o vicepresidente primeiro indicou que nestes tempos, "os retos dos dirixentes públicos son moitos e os cidadáns precisan máis ca nunca do seu apoio para atender de maneira áxil as súas necesidades, e precisou que hai que seguir traballando para paliar en no que se poida os efectos desta crise sanitaria e económica na que estamos inmersos".
Yorumlar