top of page

O párroco lalinense Marcos Torres pasará a estar a fronte de 23 parroquias de Melide

Ecos da Comarca/Lalín/Melide

O Obispado de Lugo anunciou onte, martes 14, os novos nombramentos que afectan aos arciprestados de Deza (Lalín, Dozón, Vila de Cruces e Silleda ) e ao arciprestado de Abeancos-A Ulloa, zona de Abeancos (Melide). A pesar da mobilización veciñal, con recollida de sinaturas incluída, o querido párroco Marcos Torres, natural de Lalín e que se encargaba ata o momento de distintas parroquias deste municipio, quedará á fronte de 23 parroquias melidenses. A toma de posesión dos novos cargos será o 16 de novembro.

Do resto de parroquias deste arciprestado encargaranse Evanán Enrique González Atencio (Toques e Arzúa) e Carlos Jesús Sánchez Márquez (Santiso).


Pola súa banda, tras o traslado de Torres, son nomeados en equipo para 48 parroquias do concello de Lalín, 8 do municipio de Dozón e 3 do de Vila de Cruces, os reverendos José Criado Sánchez, como párroco in solidum, moderador 2; José Ramón Pena Taboada, como párroco in solidum, membro 3; Santiago Lillo Ortiz, como Vicario Parroquial 4 e José Antonio Salgado Agromartín, como adscrito.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En Silleda, José Pérez Barreiro encargarase de 10 parroquias e José Catanga, de nove.


Podedes consultar as parroquias das que se fará cargo Torres e de todos os nombramentos no arquivo adxunto:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page