top of page

O PSOE lamenta "a falta de solucións reais" por parte do goberno de Lalín á situación da Rúa da Ponte

Fai públicas as respostas emitidas polo Partido Popular no último pleno ordinario das preguntas formuladas por parte dos socialistas referentes a esta problemática


Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín fai públicas as respostas emitidas polo Partido Popular no último pleno ordinario das preguntas formuladas por parte dos socialistas de Lalín sobre a situación da Rúa da Ponte. "Á vista destas contestacións, consideramos que queda patente a falta de solucións reais aos problemas que a veciñanza leva denunciando desde hai tempo e dos que se fixo eco o PSdeG-PSOE de Lalín. Lonxe de asumir responsabilidades e ofrecer medidas concretas, o goberno local continúa escudándose en cuestións competenciais e en respostas reiterativas".


Dende o PSOE de Lalín, denuncian que o Partido Popular "siga abandonando á veciñanza da Rúa da Ponte e ignorando demandas que afectan directamente á limpeza, ao mantemento e á calidade de vida dos residentes da zona".

Foto enviada hai uns meses pola veciñanza desta rúa.
Foto enviada hai uns meses pola veciñanza desta rúa.

E recalca que os veciños e veciñas "merecen respostas claras, actuacións efectivas e unha planificación seria para resolver os problemas existentes, e non unha sucesión de escusas e evasivas. Lamentamos que chegasen a realizar un crowfounding para conseguir unha solución que debería chegar da man da administración local". 


As preguntas trasladadas foron as seguintes:

  1. Por que o goberno local non cumpriu o compromiso trasladado á veciñanza da Rúa da Ponte de actuar entre finais de abril e comezos de maio na limpeza e acondicionamento da zona?

    Resposta do Goberno:“O goberno local cumpriu o seu compromiso de desbrozar na zona do río onde ten potestade e competencias para facelo, como fai en todos os puntos que o precisan. Seguindo as críticas do preguntante por actuacións noutras zonas do río como no Pozo do Boi, non é coherente que tenten presionar para que se fagan desbroces neste punto do río no casco urbano cando lle convén, e cando non lle convén que se faga critícano.”

  2. Que actuacións concretas realizou o Concello nesta área nos últimos meses?

    Resposta:“As que se levan a cabo en todas as zonas que o precisan e son competencia municipal.”

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.
  1. Considera o goberno municipal suficiente a actuación realizada ata o momento, limitada practicamente a unha pequena franxa desbrozada?

    Resposta:“O goberno limpou a franxa na que ten competencia para facelo.”

  2. Quen é actualmente o responsable efectivo do mantemento e limpeza desta contorna: o Concello de Lalín ou Augas de Galicia?

    Resposta:“Remitímonos á resposta anterior.”

  3. Existe coordinación real entre ambas administracións para resolver definitivamente este problema de insalubridade?

    Resposta:“Concello de Lalín e Augas de Galicia traballan de xeito coordinado. O que non é impedimento para que en determinados momentos a vontade política de acometer unha acción choque coa decisión dos técnicos do departamento autonómico para executar a mesma.”

  4. Ten previsto o goberno actuar de maneira inmediata antes do verán ante as queixas veciñais pola maleza, os malos cheiros e a presenza de insectos?

    Resposta:“O goberno de Lalín xa está a actuar na franxa en que lle corresponde.”

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!
  1. En que data concreta prevé o Concello executar os traballos integrais de limpeza e acondicionamento reclamados pola veciñanza?

    Resposta:“Remitímonos á resposta anterior.”

  2. Mantén o goberno local o compromiso adquirido cos residentes da zona ou considera xa pechada a actuación realizada ata o momento?

    Resposta:

    “Remitímonos ás respostas anteriores.”

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page