top of page

O PSOE esixe que se cubran a vacante de pediatría e as baixas laborais que haxa no ambulatorio de Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín reitera que "a situación da falta de pediatras en Lalín é moi preocupante" e indican cales son as reclamacións e preguntas do Grupo Parlamentario Socialista en referencia a esta situación. Pide que se cubran a vacante de pediatría no centro de saúde desta localidade e as baixas laborais que poidan producirse de pediatras neste ambulatorio.

Explican que ao longo e ancho da xeografía de Galicia veñen producindo vacantes e baixas non cubertas, pero tamén unha falta xeneralizada de médicos desta especialidade. "E a realidade que vivimos volveuse complexa porque se arrastra desde hai anos. Pero o que é peor. Esta escaseza de pediatras en atención primaria, nun territorio disperso como Galicia, é un mal que estando identificado polo Goberno Gallego non se lle dá solución, máis aló de situacións moi puntuais ou desgraciadamente onde se producen grandes actuacións contestarias. E non queremos que isto sexa o que suceda en Lalín. O que queremos é unha solución definitiva e permanente aos problemas que teñen porque responden a unha problemática real. Necesidade de resposta que non é a primeira vez que se expón".


Sinala que temos en Galicia 194 Concellos nos que non dispoñen de pediatra ou se o prefiren, segundo os últimos datos dispoñibles son 11.478 menores que non teñen pediatra asignado. "E a situación Lalín é que, a día de hoxe, segue existindo unha vacante de pediatría sen cubrir desde hai meses e previsiblemente atopémonos, a curto prazo, con outra praza sen cubrir debido a unha baixa de longa duración por maternidade. Diciamos que non é a primeira vez que tratamos de buscar resposta por parte da Xunta de

Galicia, ao problema de falta de atención pediátrica que teñen Lalín, e aínda que poida variar un pouco o escenario no que nos movemos, a realidade é sempre a mesma: falta de prazas de pediatras, non cobertura de vacantes, non cobertura de baixas... E todo iso conleva longas esperas que poden alcanzar os 15 días e conleva tamén, entre outras moitas mais cousas, sobrecarga de traballo dos outros facultativos".


"Lembrar tamén que devanditos facultativos teñen que atender a outros Concellos limítrofes

polo que a súa dedicación en Lalín non é o 100% da xornada. E os veciños e veciñas de Lalín viven en primeira persoa os excesivos tempos de espera tanto na modalidade presencial como telefónica. E esta situación pode levar á saturación de urxencias, cando algunhas veces non é realmente unha atención de urxencia, pero os pais e nais necesitan que se atenda ao seu fillos e fillas e soamente quédanlle dúas opcións: ou ir a urxencias ou acudir a unha consulta privada".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo isto, o PSOE insiste en que "é necesaria unha solución e a non solución desta situación poñerá de manifesto, a nula vontade política do Goberno da Xunta de Galicia".


PRE-POC

Por iso, as deputadas que asinan formulan as seguintes preguntas:

  • Está disposta a Xunta de Galicia a cubrir a praza de pediatra vacante no centro de saúde de Lalín e a cubrir a futura baixa de maternidade ou aquelas que se produzan por calquera outra circunstancia?


POP

Por iso, as deputadas que asinan formulan a seguinte preguntas:

  • Está disposta a Xunta de Galicia a cubrir as baixas e vacantes de pediatría no centro de saúde de Lalín?


PNP-PNC

O Parlamento insta á Xunta de Galicia a que o máis axiña posible:

1.- Cubra a vacante de pediatría no centro de saúde de Lalín.

2.- Cubra as baixas laborais que poidan producirse de pediatras no centro de saúde de Lalín

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page