top of page

O PSOE denuncia que o centro social de Carragoso leva case cinco meses pechado por falta de luz

Os socialistas lalinenses solicitarán acceso ao expediente da solicitude de acometida eléctrica a Naturgy (Fenosa)


Ecos da Comarca/Lalín

O grupo municipal socialista de Lalín denuncia o “esperpento” que supón que o novo centro social de Carragoso, “inaugurado oficiosamente” o pasado mes de setembro nas vésperas das festas das Dores, leve pechado e sen uso case cinco meses despois. Segundo explicou a voceira socialista, Alba Forno, trátase dun edificio que xa foi recepcionado polo Concello, pero que continúa sen estar operativo porque carece de acometida eléctrica definitiva. “Todo apunta a que aínda funciona con luz de obra, o que é absolutamente inadmisible”, indicou.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O PSOE considera que a situación “non só é ridícula, senón unha falta de respecto coa

veciñanza de Carragoso”, xa que se trata dunha obra importante para eles e moi agardada, que segue pechada a cal e canto mentres os veciños e veciñas non poden facer uso dela. “Para que serve presumir tanto dun edificio novo se non se pode utilizar”, sinala a concelleira, que lembra que para a foto da inauguración estiveron “máis dilixentes” e houbo un “despregue digno dun deses mitins de viño e empanada do PP, co alcalde e sete concelleiros e concelleiras”. “Pois así é como goberna Crespo, máis preocupado polo postureo que por resolver os problemas reais”, criticou Forno.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o Grupo socialista critican que, "cun goberno local cheo de asesores e concelleiros

cobrando soldos de primeira división, sexa incapaz de xestionar algo tan básico como

poñer en funcionamento un centro social con electricidade". “Os soldos son de xogadores

do Real Madrid, pero a eficacia é de equipo de terceira rexional”, ironizou a voceira. Para

os socialistas, este é outro exemplo máis de “un goberno esgotado, máis preocupado pola

propaganda que polo benestar da xente, que non é capaz nin de poñer en uso un edificio

novo despois de máis de catro meses".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O PSOE anuncia que solicitará acceso ao expediente da solicitude de acometida eléctrica a Naturgy (Fenosa) para coñecer os prazos, as xestións feitas e os motivos polos que, tantos meses despois, o centro segue sen servizo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page