top of page

O PSOE de Melide acusa ao PP de Galicia de "atacar con mentiras ao goberno local" deste municipio

"A secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, e a voceira local, Dalia

García, na súa liña de mentiras tratan de desacreditar ao Goberno de Melide con

acusacións moi graves, coa complicidade da TVG", consideran os socialistas


Ecos da Comarca/Melide

O PSOE de Melide acusa ao PP de Galicia de "atacar con mentiras ao goberno local de Melide a favor de Dalia García". "Nesta semana a Secretaria Xeral do PP de Galicia, Paula Prado del Río, reuniuse con parte do PP local de Melide e realiza manifestacións moi graves contra o goberno municipal, ao que acusa sen proba algunha de “clientelismo, corruptelas e escándalos permanentes”, empregando a difusión que lle ofreceu a televisión de todos os galegos, a TVG".

José Prado. Fonte: Socialistas de Melide (Facebook).

Ademais, recalca que "esta estratexia do PP de Galicia, obedece á intención de saír en auxilio da voceira Dalia García ante a súa falta de credibilidade pola oposición política baseada na mentira, desacreditación e falta de propostas e que confirma unha vez máis que a súa prioridade non é Melide, senón o seu interese persoal e o do seu partido".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ante isto, apuntan a que "os socialistas de Melide lamentamos o uso partidista que o PP realiza dos medios de comunicación públicos". E o seu voceiro, José Prado, lamenta que "hai que ter pouca ética para que Paula Prado acuse ao goberno municipal de “clientelismo, corruptelas”, e resalta que “ Dalia García aínda ten pendente explicar ao melidenses o porqué se incorpora á directiva do GDR en representación dunha asociación que abandona despois de ter obtivo unha subvención de 170.000 euros".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page