top of page

O PSOE de Melide: "A Xunta marxina a Melide nos orzamentos para o ano 2024"

"Presentaremos enmendas no Parlamento de Galicia, como xa fixemos en anteriores anos e non admitiu o PP", adianta


Ecos da Comarca/Melide

"O Proxecto de lei de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2024, marxinan e desprezan a Melide, porque non hai ningunha partida económica para as necesidades do pobo", resaltan os socialistas melidenses.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Os míseros 12.655 euros que consta para inversións, son para o saneamento de Santa

María, que xa deberá estar rematado no ano 2022. CERO EUROS para inversións nos centros educativos, CERO EUROS para inversións na estrada AC-840 e CERO EUROS para inversións en saneamento, CERO EUROS para inversións no río Furelos... e isto, aínda que os melidenses levamos pagado dende o 2012, máis de 1.8 millóns de euros de canon de saneamento á Xunta de Galicia", sinalan.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A concelleira socialista melidense, Mónica Barral, afirma que "esta é unha marxinación orzamentaria intolerable e amosa claramente, que as promesas electorais que fixeron conselleira Ángeles Vázquez e concelleira Dalia García no mes de maio pasado, non foron máis que mentiras”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ante isto, o PSOE melidense adianta que "presentaremos enmendas no Parlamento de Galicia, como xa fixemos en anteriores anos e non admitiu o PP".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page