top of page

O PSOE de Lalín urxe o arranxo das pontes do Paseo Pontiñas

Alba Forno denuncia "o abandono dun dos espazos públicos máis utilizados neste municipio"

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín reclama ao Goberno municipal que informe sobre a situación das dúas pontes pechadas no Paseo Pontiñas, que permanecen inutilizadas desde hai meses e esixe que se acometan canto antes as actuacións necesarias para a súa reparación e reapertura. A voceira socialista, Alba Forno, asegura que son numerosos os veciños e veciñas que trasladaron o seu malestar polo estado que presenta un dos espazos públicos

máis frecuentados da vila.

"O Paseo Pontiñas é un dos principais lugares de encontro, paseo e práctica deportiva de Lalín. Cada día centos de persoas utilizan este espazo e durante o verán convértese ademais nun punto de referencia para moitos visitantes. Non é razoable que dúas das súas pontes leven meses pechadas sen que o Concello dea explicacións nin comunique cando pensa arranxalas", afirma.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Forno subliña que o debate non está no peche das pasarelas, "que entendemos que responde a motivos de seguridade e, se é así, compartimos que esa debe ser sempre a prioridade", senón na ausencia de planificación por parte do Goberno local. "Se existen problemas estruturais, hai que actuar. O que non se pode facer é colocar unhas valas e esquecer o problema”.


A portavoz socialista considera que esta situación "proxecta ademais unha imaxe de abandono nun dos espazos máis emblemáticos de Lalín". "Estamos en pleno verán, cando máis uso ten este paseo. Non só o desfrutan os lalinenses, tamén moitas persoas que nos visitan. Atoparse cun dos principais espazos verdes do municipio nestas condicións transmite unha sensación de falta de mantemento e de deixadez que non é propia dun concello como o noso".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde o PSdeG-PSOE lamentan que esta situación "se sume a outros exemplos recentes de falta de planificación na conservación dos espazos públicos e volven reclamar que o Concello se anticipe aos problemas e poña solución aos problemas da cidadanía".


Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista solicita ao Goberno local que informe publicamente sobre o estado das dúas pontes, as actuacións previstas, o investimento necesario e os prazos concretos para a súa reparación e reapertura.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page