top of page

O PSOE de Lalín solicita ao goberno local melloras "necesarias" na rúa Ramón Aller

26 jun 2025
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín levará ao vindeiro pleno unha moción a través da cal solicita ao Goberno do Concello de Lalín a redacción dun proxecto e a execución das correspondentes reformas, reparacións e melloras necesarias na rúa Ramón Aller, co fin de garantir a seguridade viaria, a accesibilidade universal e a continuidade peonil dun dos principais eixos urbanos do centro da vila.

"A rúa Ramón Aller, que leva o nome dun dos nosos ilustres máis recoñecidos, discorre polo centro da vila. Iníciase nas inmediacións da Praza da Torre —onde se ergue a estatua en homenaxe ao aviador Joaquín Loriga— e remata no entronque coa avenida Xosé Cuíña nas proximidades do complexo deportivo Lalín Arena. Ao longo do seu percorrido, a rúa alberga algúns dos emprazamentos máis relevantes do noso concello, tanto para a veciñanza como para os visitantes e turistas que nos acompañan ao longo do ano. Destacan, entre outros, o Museo Ramón M. Aller e o Observatorio Astronómico, símbolos culturais da nosa vila. Ademais, conecta con rúas que conducen directamente a puntos estratéxicos como a Casa do Concello ou o Campo da Feira, onde se celebran as tradicionais feiras dos días 3 e 18 de cada mes", indican os socialistas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Porén, apuntan que a rúa Ramón Aller presenta "importantes deficiencias que requiren dunha actuación urxente. A principal problemática reside na ausencia de beirarrúas nun treito significativo da vía, o que obriga aos peóns a circular pola calzada, asumindo riscos innecesarios. A isto súmase o habitual crecemento da maleza nalgunhas das fincas colindantes, que chega a invadir os espazos peonís alí onde si existen beirarrúas. Esta situación, agravada pola falta de accesibilidade para carriños infantís ou para persoas con mobilidade reducida, converte o tránsito peonil pola rúa nunha experiencia incómoda e perigosa. Ademais, proxecta unha imaxe negativa dun espazo céntrico e emblemático da nosa vila, tanto para a cidadanía como para quen nos visita. O firme tamén presenta importantes deficiencias, especialmente nas marxes e zonas de estacionamento", indica.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo isto, consideran "necesario acometer unha reforma integral da rúa Ramón Aller que permita mellorar a seguridade, a accesibilidade e a estética da zona, e avanzar cara unha verdadeira continuidade urbana e peonil que una o centro da vila con Donramiro, contribuíndo á cohesión do tecido urbano e á calidade de vida da veciñanza".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page