top of page

O PSOE de Lalín propón subir de 100 a 150 euros as bolsas escolares e ampliar a partida

11 sept
2 min de lectura

Alba Forno reclama adiantar a súa tramitación para que as familias dispoñan dos vales antes do comezo do curso “e non en novembro como pasa agora”


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, propón incrementar de 100 a 150 euros por alumno as bolsas municipais para material escolar e adiantar a súa tramitación para que as familias dispoñan dos vales antes do comezo do curso, coincidindo co momento no que teñen que afrontar a maior parte dos gastos. A voceira socialista defende, ademais, incrementar o orzamento destinado ao programa, dotado este curso con 25.000 euros.

Forno, considera necesario actualizar unha axuda que leva anos conxelada nos 100 euros mentres o custo da volta ao cole non deixou de aumentar. A última enquisa da OCU sitúa en 548 euros por alumno o gasto medio inicial das familias en libros, material, roupa e calzado para este curso. “Todo subiu nestes anos, por iso cremos que hai que actualizala a 150 euros e poñer máis recursos para que poida chegar a máis familias.”

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O PSOE cuestiona ademais que o goberno do PP reducise este curso a dotación do programa de 30.000 a 25.000 euros, un 17 % menos, precisamente cando ampliou os límites de renda para permitir o acceso de máis fogares. Para os socialistas, ampliar os posibles beneficiarios é positivo, pero debe ir acompañado de máis orzamento, non dunha redución.

 

Forno comprométese tamén a adiantar a convocatoria e a resolución para que os vales estean dispoñibles antes do inicio das clases. “Unha axuda para a volta ao cole ten que chegar na volta ao cole, non cando as familias xa pagaron os libros, as mochilas, a roupa e o material”, sinala.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

As bolsas permiten adquirir material escolar, roupa, calzado ou material deportivo en establecementos de Lalín, polo que o PSOE destaca que incrementar o programa supón tamén inxectar máis recursos directamente no comercio local.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page