top of page

O PSOE de Lalín pregunta por gastos feitos nun restaurante italiano ou nunha tenda en Portugal

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín levará ao vindeiro pleno municipal de hoxe, varias preguntas dirixidas á concelleira de Facenda sobre distintos gastos, varios deles de fóra de Galicia, e outra batería paro todo o goberno no que e preocupa polo bono comercio.

ree

Preguntas á concelleira de Facenda: "Nos decretos que foron ao pasado Pleno aparecen unha serie de gastos, en total case 3.000 euros, en concepto de anticipos a caixa. Vemos que hai gastos cuantiosos en coñecidos restaurantes de Lalín. Tamén importantes facturas en carnicerías, panaderías, pastelerías... Pero o que chama poderosamente á atención son outros gastos que se deben aclarar. Por exemplo:

• Dúas facturas nun restaurante italiano de Pontevedra por 70 e 75 euros, unha no mes de xuño e outra o 19 de agosto. Quen ou que persoas realizaron estes gastos? Que xustificación teñen?

• Tamén hai unha factura de 3,30 euros do 27 de maio nunha cafetería de Pontevedra. A

quen corresponde este gasto e en base a que? É lóxico que os lalinenses teñan que abonar este tipo de gastos mínimos nunha cafetería que nin sequera é en Lalín?

• Tamén vemos un gasto de 39 euros nunha librería de Madrid. Que se mercou e para que?


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

• Hai outro gasto de 45 euros na Federación de Gremios de Editores de España. A que se

corresponde?

• Logo vemos máis gastos en restauración en establecementos de fóra de Lalín, pequenos

gastos en tendas de gominolas de Lalín... pero o que máis chama á atención é que se pasa un gasto de 9 euros, do día 31 de maio en Fátima, Portugal. Segundo puidemos investigar a titularidade desta tenda correspóndese cunha tenda de souvenirs nesta localidade portuguesa. Quen fixo este gasto, que se mercou e con que motivo?", pregúntase os socialistas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Preguntas dirixidas ao Goberno Municipal:

Sinala que o Partido Socialista de Lalín leva tempo propoñendo a posta en marcha dun bono comercio. "Foi presentado polo PSdeG-PSOE no ano 2022 e levado a pleno no ano 2023, onde foi aprobado por unanimidade. En vista de que non se realizara ningún traballo para poñelo en marcha, volvemos levalo ao pleno en decembro de 2024, sendo novamente aprobado por unanimidade. Estamos xa entrando no mes de novembro de 2025 e non temos constancia de que se avanzara na súa posta en funcionamento, a pesar de tratarse dunha iniciativa que conta co apoio unánime das forzas políticas que representan ao conxunto da cidadanía lalinense. Por iso, queremos formular as seguintes preguntas:

  •  Vaise poñer en marcha o bono comercio no ano 2025?

  •  De ser así, cando se vai poñer en marcha e con que cantidade económica contará?

  • De non ser así, que traballo se realizou ata o momento para avanzar nesta medida

    acordada polo Pleno?

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page