top of page

O PSOE de Lalín pide que as axudas do Concello para o carné de conducir sexan para todas as idades

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín levará ao vindeiro pleno municipal unha moción na que aborda as axudas dirixidas á mocidade para a obtención do carné de conducir, convocadas por este Concello. Propón catro medidas, entre as que figura que se amplíe estas contías a todas as idades.

ree

"O Concello de Lalín puxo en marcha recentemente unhas axudas dirixidas á mocidade para facilitar a obtención do carné de conducir, recoñecendo así a importancia deste recurso para mellorar a empregabilidade e a autonomía persoal. Non obstante, a realidade social e laboral do noso municipio mostra que a necesidade de contar co permiso de conducir vai máis aló da mocidade. En particular, unha parte significativa da poboación migrante que chega a Lalín atópase coa dificultade de que os seus permisos de condución non son homologables en España. Isto xera unha dobre barreira: por unha banda, limita a súa capacidade de integración e mobilidade diaria; por outra, supón un obstáculo para a contratación por parte das empresas locais, especialmente nos sectores agrícola, gandeiro, industrial e de servizos, nos que a mobilidade laboral é fundamental", explica o PSOE.


A falta de carné de conducir, apunta, "non só prexudica ás persoas migrantes, senón que

tamén frea o desenvolvemento económico do noso municipio, ao dificultar a cobertura de postos de traballo que resultan imprescindibles para a competitividade e sostibilidade das empresas de Lalín. Ampliar estas axudas a todas as idades suporía unha medida inclusiva e de apoio real á integración social, á igualdade de oportunidades e á dinamización económica local".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O carné de conducir non é só un documento administrativo, recalcan os socialistas. "É unha ferramenta básica para acceder ao emprego, integrarse na sociedade e gañar autonomía persoal. Ampliar as axudas municipais a todas as idades permitirá que máis persoas —en especial aquelas que atopan barreiras adicionais como os migrantes— poidan superar un dos principais obstáculos para a súa integración e contribución ao progreso económico de Lalín".



Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista propón ao Pleno do Concello de Lalín a

adopción dos seguintes acordos:

1. Ampliar as axudas municipais para a obtención do carné de conducir a todas as idades, eliminando o límite actual centrado exclusivamente na mocidade.

2. Establecer unha liña de prioridade para aquelas persoas que se atopen en situación de especial vulnerabilidade, como é o caso da poboación migrante que non pode homologar o seu permiso de conducir orixinario.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

3. Coordinar esta medida co tecido empresarial local e coas entidades sociais que traballan con poboación migrante, co fin de identificar necesidades concretas e garantir que as axudas cheguen a quen máis o precise.

4. Avaliar o impacto da medida no mercado laboral e na integración social, co obxectivo de mellorar a súa


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page