top of page

O PSOE de Lalín lamenta que os bolardos da Rúa Monte Faro sigan a ocasionar estragos en vehículos

Tamén mostra preocupación polo comercio, ante o aumento de peches de locais, e pide un apoio real para este sector que é fundamental


Ecos da Comarca/Lalín

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Lalín lamenta, unha vez máis, que os bolardos colocados ao longo da Rúa Monte Faro sigan a ocasionar estragos nos vehículos. “Vemos como unha semana máis, estas pedras danaron, nesta ocasión, a un camión o que levou a retencións, ademais da problemática para o transportista”, describen.

Foto de arquivo desta rúa.
Foto de arquivo desta rúa.

Lembran que xa dende hai meses advertiron ao goberno de Lalín que estas pedras están a

provocar numerosos danos nos vehículos que transitan ou aparcan nesta zona “e consideramos que hai solucións que poderían evitar isto”. Aínda así, dende o equipo de

Crespo non presentaron ningún proxecto para reverter esta situación.


Detallan, ademais, que a obra desta rúa tiña como fin mellorar a imaxe do centro da vila, “algo que consideramos que é necesario”, pero o proxecto “leva mal feito dende un

comezo”. Porque ademais dos danos que provocan os bolardos, hai que sumar “todas as

veces que se cortou para supostos arranxos ou, como vimos nestes días, por unha rotura

da arqueta situada no comezo a rúa”. Engaden o ruído que provoca o paso dos vehículos

pola arqueta que, ao non estar ben amarrada, é molesto para a veciñanza desta área.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Por isto, dende o grupo municipal preguntan cando realizarán un proxecto para facer unha

mellora real desta rúa, que presenta numerosas lousas danadas, bolardos rotos ou a arqueta con parches. Dende o PSOE valoran esta actuación como necesaria para mellorar

na seguridade viaria e nunha mellor imaxe para o pobo.


Situación do comercio

O comercio local é outra das preocupacións para o grupo socialista, por iso lamentan ver

diariamente máis carteis de “liquidación por peche” ou anuncios de cerre e persianas pechadas. “Este é o pan de cada día porque falta unha planificación e un apoio real para o

sector por parte do goberno de Lalín, que ano tras ano carece de políticas para este ámbito”, afirman. Engaden que as medidas para o comercio non chegaran para todas esas

pequenas empresas ou autónomos que manteñen as rúas con vida. “É certo que en todos

os lados se pechan comercios, pero no noso municipio máis e isto é preocupante.”,

lamentan dende o PSOE.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así, recordan que tampouco puxeron en marcha propostas como a do bono comercio, logo de dous anos que foi aprobada en pleno a moción do grupo socialista. “Estaremos

pendente este ano, xa que, segundo indicaron na última sesión, relegaron esta proposta á

Asociación de Empresarios; a ver se desta vez se pon en marcha”, sentencian.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais desta proposta, había outras lanzada polo propio goberno de Crespo das que non se coñece “indicio ningún de que se leven a cabo”. Preguntan pola oficina para o comercio que se ía situar no Edifico Polivalente da Rúa Manuel Rivero e “tamén se podería falar de “Lalín, cidade de compras”, un proxecto inexistente ou da web MercaLalín, a cal quedou totalmente desactualizada e sen funcionamento”. Dende o PSOE critican que centren todo nas Aldeas de Nadal ou na Feira do Cocido, porque ambos eventos son puntuais “pero o comercio precisa comer todo o ano”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page