O PSOE de Lalín lamenta que o Bono Comercio Local siga sen poñerse en marcha neste municipio
- ecosdacomarca

- hace 8 horas
- 2 Min. de lectura
Insiste en que se tomen medidas para fomentar o pequeno comercio
Ecos da Comarca/Lalín
O PSOE de Lalín lamenta que a proposta do Bono Comercio Local sega sen poñerse en marcha. Pódese ver como o Bono Comercio da Xunta ou mesmo outros locais, coma no concello de Ames, “teñen unha moi bo a acollida”, pero “é lamentable que non haxa algo similar en Lalín”. Ademais, lembran que hai dous anos, en concreto en decembro de 2023, en pleno foi aprobada unha proposta do grupo socialista que pedía activar un bono comercio.

“En decembro de 2023 levamos a primeira proposta referente a ese bono, explicando que
levaría a un aforro relevante aos lalinenses, e que ademais será unha proposta na que se
poderá medir a súa efectividade de xeito sinxelo”, explica o concelleiro socialista, Anxo Álvarez. Aínda así, tendo en conta que ao longo de todo o ano 2024 non se puxo en marcha, en decembro, o grupo socialista volveu a presentar outra iniciativa mellorando e pedindo que se incrementase a contía destinada no ano 2025, que chegase a 50.000
euros. “Seguen sen coñecerse avances nesta medida e mostran que non teñen en
consideración a vontade do pleno. Neste momento debería estar en funcionamento, ou
van agardar ao ano electoral para sacar todas as propostas?”, pregunta o concelleiro
socialista.
Álvarez pídelle ao Goberno que visite concellos cando activan unha iniciativa deste tipo e
así poderá entender o movemento que causa no comercio. “Vemos como os comerciantes
se mostran contentos porque se activan as compras, hai dinamismo nas rúas e os
establecementos teñen xente. A pesares dos bos resultados que traen este tipo de
propostas, que se levan a cabo en diferentes municipios de diferentes cores, seguimos
agardando por algo similar en Lalín”, lamenta.
Publicidade
Dende o PSOE de Lalín indican que agardarán polas respostas ás preguntas formuladas
durante a sesión plenaria do pasado venres, e mentres, aseguran que “seguiremos traballando en iniciativas que sirvan para fomentar o pequeno comercio, porque apostar
polo comercio local é apostar por Lalín”, sentencia o concelleiro.







Comentarios