top of page

O PSOE de Lalín lamenta que a praza de pediatría quedase deserta neste concello

Esixe "que se deixe de xogar coa saúde dos nenos e nenas"


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira dos socialistas de Lalín, Alba Forno, manifesta a súa profunda preocupación ante a alarmante situación da atención pediátrica no Concello de Lalín posto que a praza de pediatría quedou deserta. Para a concelleira “é inaceptable” que un municipio como Lalín, cunha importante poboación, non teña cuberta esta área con todos os profesionais.

Forno lembra que esta situación non é de agora, que xa hai tempo que o servizo de

Pediatría “se está deteriorando no noso municipio” e obriga ás familias a acudir á sanidade

privada ou desprazarse ata outras localidades para recibir a atención médica que “debería

estar cuberta propio CIS de Lalín”. A concelleira cuestiona o compromiso do Goberno do popular José Crespo coa Sanidade Pública, “un dereito que debería estar máis que garantido e no que se debería centrar boa parte dos esforzos do Concello”.


Considera "inadmisible o abandono por parte do Sergas ao Concello de Lalín, e neste caso, non contar con pediatras suficientes afecta gravemente ás familias que dependen dun servizo sanitario esencial para os seus fillos e fillas”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pon de manifesto que Lalín conta agora cun edifico amplo e moderno, pero sen os recursos humanos e materiais necesarios para cumprir co seu propósito. “Non é suficiente

construír infraestruturas sen garantir os servizos e o persoal que fagan deste centro un

verdadeiro piar da atención sanitaria na comarca”. Forno critica que máis aló da fachada, o

novo CIS segue baixo mínimos e non está mellorando a cobertura sanitaria en Lalín

respecto ao antigo centro de saúde. “A realidade é que, a día de hoxe, o CIS non está a

ofrecer unha mellor sanidade para os veciños, senón máis promesas incumpridas e

servizos sen reforzar”, conclúe Forno.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page