O PSOE de Lalín denuncia que o PP "baleira de contido a Festa do Orgullo"
- ecosdacomarca
- hace 18 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
A voceira socialista de Lalín, Alba Forno, acusa ao goberno local de estar “anclado no pasado” e de converter unha xornada de reivindicación nun evento sen mensaxe nin compromiso real. O PSdeG-PSOE de Lalín critica duramente "a deriva da Festa do Orgullo coa chegada do PP ao goberno municipal", denunciando que o evento "foi reducido á mínima expresión, a un simple evento de actuacións musicais, sen accións educativas, sen charlas, sen campañas de visibilidade, sen contido".

Forno, afirma que “o PP está ancorado no pasado e non se sente ‘orgulloso’ dun evento que nunca creron necesario”. Segundo Forno, a dereita “pensa que a diversidade sexual é unha anécdota festiva, algo para aparentar unha vez ao ano, e non unha loita por dereitos que se defende os 365 días”.
Publicidade
“Se é para facer isto —continúa—, case mellor que non fagan nada. Porque un Orgullo sen mensaxe, sen compromiso e sen propósito, é unha falta de respecto para quen leva anos loitando contra a discriminación.”
Publicidade
Desde o PSOE reclaman que se recupere o formato anterior, no que a festa ía acompañada de actividades nos centros educativos, charlas abertas, exposicións e iniciativas para formar e concienciar, especialmente entre a mocidade. “O Orgullo non é un trámite: é unha ferramenta para cambiar mentalidades e garantir que Lalín sexa unha vila aberta, diversa e xusta”, conclúe Forno.
Comments