top of page

O PSOE de Lalín considera insuficientes as axudas ao deporte e pide que se incrementen ata os 100.000 €

Acusa a Crespo "de mentirlle aos deportistas cando prometeu unha axencia municipal do deporte que redobraría as axudas"


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín considera totalmente insuficiente a cantidade económica que o goberno de José Crespo destina ás axudas deportivas neste 2025 e propón que aumente a contía ata alcanzar, como mínimo, os 100.000 euros. “Os 70.000 que dirixen esta tempada non cobren as necesidades de toda a actividade deportiva que hai en Lalín”, sinalou o concelleiro, Mario López, que explica que estas axudas son moito menores que as de municipios do mesmo nivel como A Estrada que anunciou un montante de máis de 100.000 euros para este fin.

ree

O concelleiro sinala que, "despois do dramático recorte" do ano pasado, a partida aumentou en 5.000 euros, “pero segue lonxe do que se debería destinar para o deporte”. Lembra que a cifra de 70.000 euros “está a niveis de 2016, cando nestes momentos os prezos subiron e, polo tanto, aos clubs tamén lle costan máis os desprazamentos, os materiais, as inscricións e todo o preciso para un bo funcionamento”.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Mario López recalca a importancia para Lalín que teñen os clubs, moi especialmente os que apostan polo deporte base xa que supoñen un piar fundamental na formación dos nenos/as “por iso se deben contar co apoio suficiente das administracións para darlle o

impulso que precisan para poder manter a súa actividade como escola de vida e saúde”.



PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, o edil acusou ao alcalde "de mentirlle a todos e todas as deportistas cando

prometeu na campaña de 2019 unha axencia municipal do deporte que duplicaría o apoio

aos clubs e, unha vez chegados ao goberno fixeron exactamente o contrario, que foi

recortar as axudas mentres subiron impostos e salarios”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page