top of page

O PSOE de Lalín considera “carente de ética que unha concesionaria dun servizo municipal contrate á empresa do concelleiro de Obras"

 Explican que “malia que non sexa ilegal é moi feo e fondamente reprobable que unha concesionaria teña este tipo de tratos cun concelleiro”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín considera “carente de ética, e moi pouco edificante que unha empresa concesionaria dun servizo municipal tan importante como é o abastecemento de auga, contrate para realizar traballos á empresa do concelleiro de Obras". Explican que “malia que non sexa ilegal é moi feo e fondamente reprobable que unha concesionaria teña este tipo de tratos cun concelleiro”.

Para os socialistas este feito “é un exemplo de mala praxe nas contratacións con diñeiro público” e “deixa unha imaxe nefasta de cara o cidadán, que agarda das institucións integridade e transparencia á hora de contratar servizos”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os socialistas sosteñen que "a escea dun camión da empresa do concelleiro do PP, José Cuñarro, quen percibe un salario público moi elevado, realizando traballos nun servizo municipal “chirrioulles” aos veciños e veciñas que mostraron o seu malestar e nos trasladaron as queixas".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O PSOE tamén considera que este comportamento “é un exemplo máis da actitude de amiguismo e clientelismo na que sempre se sentiu tan cómodo o PP de Lalín”. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page