top of page

O PSOE de Lalín acusa ao goberno de "perder unha axuda de máis de 1,13 millóns € de para a reforma da praza de abastos"

Asegura que o Concello deberá pagarlle ao Estado 55.000 euros en xuros por devolver a subvención


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, denuncia que se vén de confirmar "a perda por parte do goberno de Crespo de 1,13 millóns de euros de fondos europeos concedidos polo Goberno de Pedro Sanchez para a rehabilitación da praza de abastos". Forno cualifica a perda destes fondos coma “un escándalo sen precedentes en Lalín que dana gravemente os intereses económicos do noso concello”.

Socialistas ante a praza de abastos de Lalín en maio do ano pasado.

Explica que a renuncia a esta axuda concedida ao abeiro do programa PIREP pola suposta imposibilidade de cumprir os prazos para xustificar a obra “é insostible e cae polo seu propio peso, pois as condicións son iguais para todos os concellos e noutros municipios as actuacións financiadas por este programa xa están executadas ou están en marcha”. Así, asegura que “a perda desta subvención tan importante é responsabilidade exclusiva da incapacidade xestora de Crespo e do seu equipo no relativo aos fondos do Plan de Recuperación”.


Alba Forno sinala que "a neglixencia do PP non só provocará que a reforma da praza de abastos non se acometa, canto menos a medio prazo, senón que obrigará ao Concello a devolverlle ao Goberno do Estado o importe total da axuda concedida e uns 55.000 euros a maiores en xuros. Son cartos que se poderían ter destinado a fins sociais, a iniciativas culturais, a melloras en infraestruturas e vanse perder pola xestión do PP”.


Publicidade

A voceira municipal revela que debido "á nefasta situación económica e ao endebedamento que sofre o Concello, o goberno local solicitou devolver a axuda do PIREP e os seus intereses corrrespondentes de maneira fraccionada nun prazo de 60 meses a razón de presto de 20.000 euros ao mes. Durante cinco anos o Concello estará devolvendo cada mes esta cantidade que tería que estar investida en proxectos para Lalín". 


“Despois de reiterar que os fondos europeos non ían chegar a Lalín, cando veñen son incapaces de executalos e incorren no endebedamento. É unha cuestión extremadamente grave e reclamaremos explicacióins no pleno de hoxe”, subliña.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page