top of page

O PSOE de Lalín pide instalar unha pantalla xigante na Praza da Igrexa para seguir a semifinal do mundial

Os socialistas consideran que sería unha oportunidade para que centos de veciños e veciñas vivan xuntos un acontecemento deportivo histórico e dinamizar o centro da vila


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín solicitou ao goberno local a instalación dunha pantalla xigante na Praza da Igrexa para que a veciñanza poida seguir hoxe a semifinal do Mundial que enfrontará á Selección Española contra Francia e, no caso de conseguir a clasificación, tamén a final prevista para o vindeiro domingo.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Desde o PSOE consideran que se trata dunha ocasión excepcional para converter a Praza da Igrexa nun punto de encontro para afeccionados e familias, permitindo que centos de persoas poidan compartir un acontecemento deportivo que está espertando unha enorme ilusión.

 

A voceira socialista, Alba Forno, sinala que "non estamos ante un partido máis, España está ás portas dunha nova final dun Mundial e sería bonito que Lalín tamén puidese vivir este momento de maneira colectiva, enchendo a Praza da Igrexa de ambiente".

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Forno lembra que este tipo de iniciativas xa se levan a cabo con éxito en numerosos concellos e supoñen tamén unha oportunidade para dinamizar o centro urbano e apoiar á hostalaría local.

 

"Cando un acontecemento deportivo consegue ilusionar a todo un país, as administracións tamén poden contribuír a que a cidadanía o desfrute xunta. Cun investimento moi reducido podemos crear un gran ambiente no centro da vila e ofrecer unha alternativa de lecer para todas as idades", destacou.

 

O Grupo Socialista considera que a Praza da Igrexa reúne as condicións idóneas para acoller esta iniciativa pola súa capacidade, accesibilidade e situación no corazón da vila.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Por todo iso, o PSOE solicita ao Concello que habilite unha pantalla xigante para a retransmisión da semifinal deste martes e que, no caso de que España consiga o pase, manteña tamén esta iniciativa para a final do próximo domingo.

 

"Agardamos que o goberno municipal apoie esta proposta e que Lalín poida vivir unido un momento que pode quedar para a historia do deporte español", concluíu Alba Forno.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page