top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Lalín denuncia "a chapuza" do Concello nos desbroces que se están facendo nas parroquias

"Na maioría dos trazados a vexetación quedou máis pisada que cortada, noutros apenas se rozaron as puntas das herbas e por moitos camiños directamente non pasaron"


Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín denuncian a “chapuza” do Concello na actual campaña de desbroces nas pistas e accesos do rural, cuestión que está a levantar numerosas queixas en diferentes parroquias "pola súa nefasta execución". O voceiro municipal, Román Santalla, informou de que nos últimos días se recolleron protestas veciñais de maneira especial en Val do Carrio, Palmou e O Cello, pero que o malestar é extensivo a todas as aldeas nas que comezaron a desenvolverse estes traballos.


Santalla sinala que “polo 95% das pistas no rural case non se dá andado porque a

vexetación invade completamente a estrada, pero naqueles lugares onde se iniciaron as rozas os resultados están sendo os peores da historia e así nolo están a trasladar os veciños e veciñas”. Tras supervisar de primeira man estes camiños os socialistas confirmaron que "os resultados das actuacións están sendo deplorables e semellan un amago de desbroce máis que a roza que de cunetas que se precisa. Na maioría dos trazados a vexetación quedou “máis machacada que segada”, con múltiples puntos onde practicamente se pasou “de puntillas” rozando só as puntas das herbas e outros que directamente quedaron sen desbrozar".

Os socialistas achacan esta situación "á nefasta planificación" do goberno municipal e,

especialmente, "á pésima xestión do concelleiro de rural, José Cuñarro, ao que na maioría das parroquias só coñecen de pedir o voto durante as eleccións porque a partir de aí non lle volveron ver o pelo", aseguran. “Levan dous anos sen tocarlle ao rural e o pouco que fan fano mal”, sinalou Santalla, que demandou que o Concello volva pasar polas parroquias onde as rozas non se fixeron ben para rematar os traballos tal e como merece a veciñanza do rural.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page