top of page

A Deputación achega a Cruces 850.000€ para financiar ao 100% a humanización da Rúa do Cine

hace 4 horas
2 min de lectura

O presidente provincial recibe o rexedor no Pazo Provincial para selar un acordo co que a Deputación, a través dos recursos do Plan Extra e o +Provincia, financia a totalidade dunha obra que transformará a mobilidade, os servizos e a imaxe do centro da vila


Laura Moure/Vila de Cruces

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asina co alcalde de Vila de Cruces, Luis Celso Taboada, o convenio para a humanización da Rúa do Cine, localizada no centro urbano da vila. Trátase dun proxecto enmarcado na segunda convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra, un programa que reparte 35 millóns de euros entre 57 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia que resultaron beneficiarios nesta segunda entrega do Plan Extra.

No Pazo provincial, López e Taboada selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega preto de 850.000 euros para financiar o 100 % dunha obra a través da combinación dos recursos do Plan Extra (677.600€) e do +Provincia (169.400€). Unha actuación que marcará un antes e un despois na mobilidade, nos servizos públicos e na imaxe dunha rúa moi transitada pola veciñanza de Vila de Cruces.


O proxecto consiste na mellora, urbanización e humanización da Rúa do Cine para darlle un uso máis plural e amable, ao tempo que fomenta a estancia das persoas e a mobilidade alternativa. Este viario conta cunha lonxitude de 445 metros nos que se busca executar unha actuación de humanización nun treito comprendido entre a Rúa Soto, a Rúa Sergio Iglesias Pazos (PO-204), a Travesía da Rúa do Cine e a Rúa Cuartel da Garda Civil.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A actuación abarca a substitución e execución de novos pavimentos e a introdución de vexetación, así como unha redistribución das áreas destinadas a peóns e a vehículos, de tal modo que os peóns gañen espazo no viario público. A redistribución da Rúa consistirá na redución do espazo de circulación do tráfico rodado, que pasará a ser de sentido único no treito norte da rúa, e a ampliación da zona destinada a peóns. O aparcamento será en liña e os contedores necesarios dispoñeranse en tres puntos diferentes da rúa para facilitar a vida dos veciños e dos negocios existentes na rúa xunto con xardineiras, bancos, farois e papeleiras.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A sinatura deste acordo supón un novo paso adiante na colaboración da Deputación co Concello de Vila de Cruces, onde tamén están en marcha outros proxectos que buscan mellorar toda clase de infraestruturas e servizos públicos para ofrecer á veciñanza todas as comodidades e unha boa calidade de vida.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page