O PSOE cubrirá as pistas de tenis, construirá novas de pádel e levará a cabo as de atletismo
- ecosdacomarca

- 12 may 2023
- 2 Min. de lectura
Mario López, concelleiro e membro da candidatura socialista, asegura que “Lalín
ten moito deporte e merece mellores instalacións, condicións e máis visibilidade”
Ecos da Comarca/Lalín
A concellería de Deportes será de importancia para o Goberno de Alba Forno e por iso
presenta varias medidas para mellorar esta área. “En Lalín temos moito deporte e todos
os clubs se merecen unhas mellores instalacións, condicións e máis visibilidade”, expón o
concelleiro e membro da candidatura socialista lalinense, Mario López. Así mesmo, indica
que “hai moitos clubs que están facendo un enorme traballo, traendo competicións para
Lalín e poñendo ao noso concello no máis alto do mundo deportivo”.

Entre as propostas, está mellorar as axudas deportivas e a súa xestión, que foi unha das
demandas máis escoitada nas reunións cos diferentes clubs. Por iso, propoñen que os
pagos se realicen no comezo do ano e a súa petición ao pouco de empezar a tempada
cada club. Así mesmo, dende o grupo socialista promoverase e favorecerase a práctica
deportiva de deportistas con diversidade funcional, facilitándolle medios e instalacións
para a súa práctica.
En canto a instalacións, unha das propostas é cubrir unha das pistas de tenis situadas a
carón do pavillón polideportivo, “que permitirá que durante o inverno tamén poidan ser
empregadas, como nos solicita a veciñanza”. Así mesmo, actualmente a veciñanza de
Lalín trasládase ao concello veciño de Silleda para poder practicar pádel, posto que as
pistas que se encontran no Lalín Arena son insuficientes. “Son moitas as persoas que
neste momento practican este deporte de maneira profesional, por iso consideramos que
hai que mellorar as que hai actualmente, xa que en moitas ocasións presentan un mal
estado pola choiva, e crear novos espazos”, explica López. Por iso, propoñen construír
novas pistas de pádel na zona de aparcamento do Lalín Arena, xunto as que hai
actualmente.
En canto ás pistas de atletismo, como xa foi anunciado en varias ocasións, dende o
PSOE estiveron en contacto cos propietarios dos terreos e acordaron mercar 25.000 m 2
para a construción de ditas instalacións. “Esta foi unha das grandes promesas do PP que
non foi nin capaz de comezar. Enganou tanto ao Club como á veciñanza, asegurando que
tiña acordo que logo nin existía. Ademais, negoulle reunións aos propietarios e a única vía
que contempla é a expropiación, porque é o seu xeito de actuar. Nós preferimos o diálogo
e que todo o mundo saia beneficiado”, recalca. Ante isto, consideran que o espazo
acordado cos propietarios é o xusto para contar con todas as disciplinas de atletismo e
ademais poderase contar co campo de rugby, que permitirá desconxestionar o Manuel
Anxo Cortizo.







Comentarios