top of page

O PSOE celebra que Lalín inicie a recollida de biorresiduos grazas a fondos do goberno de Sánchez

A edil Alba Forno subliña que a axuda que a Xunta lle outorgou a Lalín para o impulso da campaña “provén directamente dunha decisión política do Goberno de España”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín celebra que o Concello poña en marcha a recollida selectiva de biorresiduos domésticos a través do colector marrón. A secretaria xeral, Alba Forno, lembrou que esta actuación é posible "grazas aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de Pedro Sánchez, que transferiu a Galicia 64 millóns de euros destinados a reforzar a recollida separada de biorresiduos e mellorar o tratamento de residuos urbanos".

ree

Forno subliña que a axuda que a Xunta lle outorgou a Lalín para o impulso da campaña de sensibilización e para a posta en marcha do colector marrón “provén directamente deste

programa ou, o que é o mesmo, dunha decisión política do Goberno de España”, que apostou por transferir estes fondos ás comunidades para financiar iniciativas como esta.

“Nin a conselleira, Ángeles Vázquez, nin ningún membro do goberno local mencionaron esta realidade na súa presentación, dentro da estratexia deliberada do PP para ocultar a

procedencia dos fondos do Plan de Recuperación”, critica.


A socialista explica esta “táctica habitual” do Partido Popular: “Cando os fondos europeos os xestiona a Xunta logo de seren transferidos polo Goberno, presúmenos como fondos

propios, pero cando os xestiona directamente o Estado, pásanos a chamar ‘fondos europeos’ en xenérico, como se caesen do ceo”. Forno recalca que “a veciñanza ten

dereito a saber de onde procede cada euro e a que políticas públicas se destinan os seus

impostos”, e destaca que este proxecto de biorresiduos “é resultado do maior plan de

investimentos públicos de Europa, que é o Plan de Recuperación que o PP intentou

boicotear en Bruxelas e que hoxe beneficia directamente ás familias de Lalín”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con todo, desde o PSdeG-PSOE celebran que Lalín avance na separación de residuos, aínda que a implantación “chegue un ano tarde”. Alba Forno acusa ao alcalde, José Crespo, de “frear durante os seus anos na oposición a compostaxe en Lalín”, lembrando

que o PP votou en contra sen ningún argumento—xunto ao tránsfuga— dunha modificación de crédito necesaria para impulsar o plan de compostaxe da Deputación. “Aquela oposición destructiva, guiada polo interese partidista, fixo que Lalín perdera anos

na implantación da compostaxe e no tratamento dos biorresiduos”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page