top of page

O PSdeG-PSOE denuncia a “parálise absoluta” do goberno de Crespo en políticas de acceso á vivenda

Lembra que o verdadeiro problema de Lalín é a falta de Policía Local


Ecos da Comarca/Laín

A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, advertiu onte de que Lalín vive “a peor situación de acceso á vivenda das últimas décadas” e denuncia a inacción nesta materia do alcalde, José Crespo, e dun goberno do PP “que leva máis de 30 anos sen dedicar un só euro a políticas públicas de vivenda”. “Nun concello con moreas de vivendas baleiras a xente non ten alternativas e non existe ningunha política municipal para favorecer o acceso á vivenda, nin no rural nin no núcleo urbano”.

Forno lembrou que hoxe en Lalín “non hai apenas vivenda dispoñible”, como trasladan cada día veciños e veciñas que non atopan solución habitacional nin para vivir nin para instalarse no concello por motivos laborais. “En Lalín non hai oportunidades para quen quere vir traballar, emprender ou formar un proxecto vital, sinala.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A dirixente socialista denunciou que a Xunta anuncia agora a construción das primeiras 17 vivendas públicas, pero advertiu de que son “claramente insuficientes” nun concello onde hai máis de 70 familias inscritas no Rexistro de Demandantes. “En concellos máis pequenos como As Pontes comprometéronse 50 vivendas, o que demostra a falta de compromiso da Xunta con Lalín e dun alcalde que non defende os intereses de Lalín”, engadiu.


Alba Forno insistiu en que Crespo é “un alcalde ausente, que está máis en Madrid que nos problemas da súa xente” e reclama que “Lalín necesita un alcalde a tempo completo”. Engadiu que á falta de vivenda súmase "a degradación urbanística e a aparición de focos de conflito en edificios inacabados onde se instalan persoas e que son consecuencia directa de anos de deixadez do goberno en materia urbanística".


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O PSOE lembra que o verdadeiro problema de Lalín é a falta de Policía Local

Forno acusou o alcalde de ser “o principal responsable da situación de inseguridade que percibe a veciñanza no ámbito local” por desmantelar totalmente o Corpo da Policía Local, que está baixo mínimos históricos. “Lalín non ten Policía Local porque o PP a desfixo e non son capaces de sacar novas prazas porque as oposicións están cheas de irregularidades. Hoxe a orde pública depende case exclusivamente da Garda Civil”.


Forno puxo en valor o “excelente traballo da Garda Civil”, que está a realizar un labor exemplar no concello e está a dar unha resposta rápida e eficaz tanto na investigación dos roubos como na procura de Clotilde, a veciña desaparecida.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page