top of page

O PSdeG lembra que o PP votou en contra da lei que mantén as paradas de bus das que presume Crespo

Lembra que a Xunta reduciu á metade conexións na comarca ou que un lalinense non pode ir en bus directo á Coruña, “pero aí  Crespo cala, impórtalle máis a liña de 9 horas a Madrid que non utiliza ninguén”


Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, criticou onte que o alcalde e senador José Crespo presuma de manter as paradas de autobús estatais “grazas ao seu traballo”, cando o seu partido, o Partido Popular, votou en contra da Lei de Mobilidade Sostible que precisamente blinda esas paradas.


“Crespo é un alcalde especialista en dicir hoxe unha cousa e mañá a contraria. É capaz de atribuírse un mérito dun goberno ao que combate e dunha lei contra a que votou o seu propio partido”, sinalou Forno. “O PP opúxose no Congreso a esta norma, mentres o Goberno de Pedro Sánchez traballaba para garantir o mantemento das conexións estatais no rural”.

ree

A responsable socialista cualificou esta actitude de “exemplo paradigmático das incoherencias de Crespo”, lembrando que o PP xustificou o seu voto en contra no Congreso con argumentos “sen pé nin cabeza”, como que a lei era “ideolóxica,e agora vén presumir de que a Lei se aprobou”


Forno subliñou que o PSOE sempre defendeu os servizos públicos no rural, pero advertiu de que o debate real non está nun bus “que tarda nove horas en chegar a Madrid e apenas ten usuarios”, senón en mellorar as conexións verdadeiramente útiles para os lalinenses.


“A xente de Lalín para ir a Madrid non colle ese bus, colle o AVE que puxo en marcha Pedro Sánchez, que permite chegar en tres horas. O importante é que se melloren as liñas con Ourense para que se adapten aos horarios ferroviarios”, destacou.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A secretaria xeral socialista tamén lembrou "o silencio de Crespo ante os recortes da Xunta nas liñas autonómicas, que reduciron viaxes entre concellos da comarca e cara a Santiago, afectando a centos de universitarios de Lalín ou que impiden ir á Coruña sen ter que facer trasbordo en Santiago".


E insiste: "Cando o problema é responsabilidade da Xunta cala, pero cando pode montar un titular contra o Goberno de España, entón aparece indignado. Iso define o seu estilo político”, sinalou. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page