O PSdeG de Monterroso denuncia o reparto “opaco e inxusto” das gafas para observar o eclipse
- ecosdacomarca

- hace 12 horas
- 2 min de lectura
Rafael García esixe ao Goberno local do PP que explique que criterios empregou e a quen entregou as 536 unidades enviadas pola Deputación de Lugo
Ecos da Comarca/Monterroso
O Grupo Municipal Socialista de Monterroso denunciou este xoves a “falta absoluta de transparencia” do Goberno local do PP na distribución das 536 gafas protectoras para observar o eclipse enviadas pola Deputación de Lugo, "que xa se atopan esgotadas sen que o Concello informase previamente á veciñanza sobre o seu reparto".

O voceiro socialista, Rafael García, amosou a súa “indignación e total sorpresa ao comprobar que as unidades xa non están dispoñibles, malia que non se publicou ningún bando municipal nin se anunciou publicamente onde, cando e baixo que criterios podían ser recollidas".
PUBLICIDADE
“A Deputación enviou a Monterroso un lote calculado en función da súa poboación para facilitar á veciñanza material homologado co que observar o eclipse de maneira segura”, explicou García. Porén, o Partido Popular optou por distribuír as gafas “sen publicidade, sen criterios coñecidos e sen garantir que toda a veciñanza tivese as mesmas oportunidades para acceder a elas”.
PUBLICIDADE
“Estamos ante un reparto opaco e inxusto que deixou á maioría dos monterrosinos e monterrosinas sen posibilidade de acceder a este material gratuíto”, afirmou.
PUBLICIDADE
O Grupo Municipal Socialista esixe ao Goberno local explicacións inmediatas sobre o procedemento seguido e sobre o destino das 536 unidades entregadas pola institución provincial.
PUBLICIDADE
“Queremos saber onde, como e a quen se repartiron as gafas e por que o Concello decidiu facelo ás costas da veciñanza. Os recursos públicos deben distribuírse con transparencia, publicidade e igualdade, non de maneira arbitraria”, concluíu García.










Comentarios