O PSdeG de Lalín celebra que se dea o primeiro paso para a posta en marcha do bono comercio
- ecosdacomarca

- hace 6 horas
- 2 Min. de lectura
Recalca que foi unha medida impulsada polos socialistas hai máis de dous anos
Ecos da Comarca/Lalín
O PSdeG-PSOE de Lalín valorou positivamente que o Concello convoque ao comercio local para abordar a posta en marcha do bono comercio, unha medida que fora proposta polo grupo socialista e aprobada por unanimidade polo pleno municipal hai case dous anos.

A secretaria xeral e voceira municipal dos/as socialistas, Alba Forno, lembrou que “esta
iniciativa naceu dunha proposta do Partido Socialista, presentada a pleno no mes de decembro de 2023, no cal foi aprobada por todos os grupos e, con todo, permaneceu 780
días sen executarse”. Segundo semella, “agora por fin se pon en marcha e de seguro será
unha boa noticia para o comercio local. Máis vale tarde que nunca”, sinalou Forno.
Publicidade
A dirixente socialista explicou que o bono comercio é unha ferramenta eficaz e
cuantificable para dinamizar o consumo local, xa que supón unha inxección directa na
economía do municipio e beneficia tanto aos establecementos como á clientela como xa se
comprobou en diferentes municipios da contorna. “Estamos a falar dunha medida concreta, con impacto real e medible. Dende o primeiro momento defendemos que debía
contar cunha dotación mínima de 40.000 euros para que tivese efectos significativos no
tecido comercial de Lalín”, apuntou.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Forno asegurou que o grupo socialista estará atento ao desenvolvemento do programa para que “non quede nun anuncio puntual nin nunha convocatoria simbólica, senón que
conte con fondos suficientes e cunha execución á altura das necesidades do comercio
local”.
A voceira socialista insistiu en que o importante agora é que a medida se execute correctamente e con ambición: “O comercio de Lalín precisa apoio real. Esta proposta leva
máis de dous anos agardando. O fundamental é que se poña en marcha canto antes e con
recursos suficientes”.
Publicidade
Desde o PSdeG lembran que seguirán defendendo políticas municipais útiles, “das que
teñen impacto directo na economía local e no día a día dos nosos comerciantes”.








Comentarios